Volven os premios BVDZERO España de Boehringer Ingelheim

Boehringer Ingelheim Animal Health España organiza a terceira edición dos premios BVDZERO España co fin de promover o interese pola BVD (Diarrea Vírica Bovina) en todos os seus aspectos e a súa investigación con ánimo divulgativo. 

Baixo o lema "Escoitamos a túa historia", os galardóns están dirixidos a profesionais do sector bovino con exercicio profesional en España, que deben presentar un resumo breve dun caso clínico para despois gravar un podcast. 

O comité revisará e seleccionará as candidaturas en base a criterios como a introdución, a descrición, as conclusións, unha pregunta libre, e a capacidade e calidade comunicativa para, así, elixir os seis finalistas que recibirán premios valorados en un total de 8.000 €.

Os casos deben remitirse por e-mail a cristina.conill@boehringer-ingelheim.com ata o 30 de setembro e a resolución dos gañadores farase pública o 30 de novembro.