Vogelsang inaugura a súa nova fábrica en España

A filial española de Vogelsang, empresa alemá con 100 anos de traxectoria que se dedica á fabricación de compoñentes para distintos sectores, entre eles, aplicadores de xurro, distribuidores, bombas, trituradores e alimentadores para dixestores, estreou as súas novas instalacións en Tarragona o pasado 21 de marzo.

Aínda que leva operando en España desde hai máis de 16 anos agora dá un novo salto e estrea centro produtivo en El Pla de Santa Maria. Nesta sede fabricaranse aplicadores de xurro UniSpread, SwinUp e BlackBird e distribuidores ExaCut ECL e ECQ para todo o mundo, principalmente para o mercado europeo. A produción local permite reducir os tempos de entrega aos seus clientes españoles.

A creación desta nova fábrica representa un empuxe dinamizador na economía da rexión, dando traballo a máis de 50 empregados cualificados: montadores, enxeñeiros, comerciais e administrativos.