Visita da dirección de Claas aos seus concesionarios exclusivos para Galicia

A dirección de Claas Ibérica visitou recentemente as instalacións dos seus dous únicos concesionarios exclusivos para toda Galicia: Agrícola Curtis, con delegacións en Curtis (A Coruña) e en Outeiro de Rei (Lugo), e Tecnor Lalín Maquinaria (Lalín, Pontevedra). 

Cun gran equipo de especialistas cobren todo o territorio galego para a comercialización e reparación de todos os produtos de Claas: tractores, telescópicas, maquinaria de forraxe, picadoras, colleitadoras e produtos de telemetría aplicada á agricultura. Así, son os únicos capaces de garantir o funcionamento e as reparacións con produtos da marca e, para iso, contan con talleres nos seus centros oficiais e con vehículos de servizo perfectamente preparados como unidades móbiles de taller.