Virbac ofrece este xoves un webinario sobre antibioterapia

Virbac organiza para o xoves 3 de decembro ás 18:00 horas un webinario a cargo do doutor Fernando Fariñas (director do Instituto de Inmunoloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas de Málaga) que pretende ofrecer unha visión e formación actualizada sobre a terapéutica antimicrobiana. O obxectivo é axudar a optimizar o manexo dos antibióticos para lograr un mellor tratamento dos casos clínicos e unha mellor prevención das resistencias a estes fármacos.

O rexistro para acceder á charla é gratuíto pode realizarse nesta ligazón.