Virbac abre un campus virtual para os veterinarios de animais de produción

A plataforma dixital de formación Virbac amplía agora os seus contidos para os veterinarios de animais de produción. O obxectivo desta páxina é facilitar a continua aprendizaxe dos profesionais do sector veterinario. No campus virtual de Virbac hai cursos, charlas e pílulas sobre diversos temas e especies.

Os cursos teñen contido interactivo e preguntas ao final dos módulos. As charlas son relatorios de aproximadamente unha hora sobre diferentes temas e as pílulas son vídeos de interese cunha duración inferior a 10-15 minutos.

Accede a través da ligazón de formación