VetSurvey 2018 debuxa ao veterinario do futuro: muller e máis nova

A maioría dos veterinarios europeos no futuro serán mulleres. En 2018 o 58 % dos veterinarios eran mulleres, pero esa cifra elévase ata o 82 % entre os veterinarios menores de 30 anos. Este é un dos datos que arroxa o segundo VetSurvey sobre a profesión veterinaria en Europa, que se presentou hoxe. O estudo foi realizado pola Federación Europea de Veterinarios (FVE) entre novembro de 2018 e marzo de 2019 mediante unha enquisa online a veterinarios de 30 países europeos e conta co patrocinio de MSD Animal Health. VetSurvey está xa dispoñible para a súa libre descarga na dirección www.fvesurvey.com.