No marco do Congreso Anembe 2026, celebrado en Valladolid, o laboratorio veterinario Vetoquinol presentou o novo Tolfine 80 mg/ml. A farmacéutica mellorou a fórmula deste ácido tolfenámico para o tratamento da inflamación, de xeito que aumentan as garantías de eficacia clínica e benestar animal mediante unha dose menor.
Con esta nova presentación deste fármaco antiinflamatorio non esteroide (AINE), a compañía procura optimizar o manexo da dor. Vetoquinol priorizou no seu lanzamento o rendemento zootécnico. O laboratorio sinala que, en países clave no ámbito gandeiro, o ácido tolfenámico foi durante décadas o principal aliado de gandeiros e veterinarios. A súa utilización permite actuar sobre os diversos factores implicados na inflamación e manter concentracións activas prolongadas.
No anuncio do produto, Vetoquinol subliña o impacto da inflamación na produción leiteira. Ante enfermidades respiratorias ou mamites, patoloxías habituais no día a día das explotacións gandeiras, a farmacéutica destaca as vantaxes de Tolfine 80 mg/ml en canto á menor cantidade de fármaco que cómpre utilizar (18 ml por inxección), a alta tolerancia local na zona da inxección e unha maior comodidade xeral para o animal tratado.
A empresa fixo público un folleto dixital con máis información sobre o novo tratamento comercializado.