Vetoquinol presenta Mastatest, un enfoque sustentable co uso de antibióticos para o diagnóstico de mastites na granxa

Vetoquinol presenta Mastatest, un enfoque sustentable co uso de antibióticos para o diagnóstico de mastites na granxa

A mastite considérase a enfermidade máis común e custosa da industria láctea. Acurta a vida produtiva dos animais afectados, reduce a produción e supón un gran custo para os produtores de leite. De forma global, estímase que en todo o mundo existe un déficit de supervisión veterinaria nos casos de mastites clínica; en moitos, nin sequera se alcanza un diagnóstico etiolóxico nin se realizan probas de sensibilidade.

Neste contexto, Vetoquinol lanza Mastatest, a solución de diagnóstico para mastities clínicas que permite verificar se hai bacterias causantes de mastites, de maneira que permite tomar decisións de tratamento informadas con recomendacións de uso de antibióticos baseadas no tipo bacteriano e a súa sensibilidade aos antibióticos.

Entre os seus beneficios, atopámonos cunha automatización total e con que proporciona resultados de illamento bacteriano e de sensibilidade baseada na CMI de 6 antibióticos, pode analizar varias mostras sen necesidade de iniciar a análise simultaneamente en todas, está asociado a unha web que permite controlar a epidemioloxía e é posible establecer protocolos de tratamento de manexo da mastites de forma automática en función da etioloxía e a sensibilidade.