"Sistemas de muxido automatizado: unha guía para o éxito e os desafíos" é o título do webseminar organizado por Vetoquinol e que terá lugar o vindeiro martes 28 de novembro ás 19:00 horas. Este levarase a cabo como continuación aos anteriores webseminars organizados pola entidade, internacionais, gratuítos e en directo, sobre a xestión da saúde do ubre.
Do mesmo xeito que en anteriores seminarios web, participará Sofie Piepers, veterinaria e investigadora en manexo de mastites. Piepers falaranos sobre como adaptar a saúde do ubre ás granxas equipadas con robots de muxido. O seminario web tamén contará coa presenza de Joep Driessen, veterinario e fundador de CowSignals, que falará de temas relacionados coas particularidades do muxido automatizado.
Esta serie de seminarios web ofrecen tradución simultánea en múltiples idiomas.