A semana pasada celebráronse en São Jorge e São Miguel, nas Azores, encontros organizados por Vetoquinol con veterinarios e produtores de leite da Cooperativa Uniäo Agrícola e Animal Vet Pires, ademais de Azores Veterinary Practice, que desenvolve o seu labor en granxas de leite dos Estados Unidos.
Entre os obxectivos destes encontros estaba poñer en común os problemas que supoñen as mastites clínicas e subclínicas nas explotacións de vacún de leite. A mastite non só reduce a produción na industria leiteira, senón que acurta a vida produtiva dos animais afectados, ademais do custo que supón para os produtores de leite. Considérase a enfermidade máis común e custosa da industria láctea.
Nestes encontros presentáronse os beneficios do uso de Mastatest, a ferramenta de Vetoquinol para o diagnóstico e control da mastite, clínica e subclínica, entre cuxos beneficios se atopa a automatización total, a obtención de resultados de illamento bacteriano e de sensibilidade, e a posibilidade de establecer protocolos de tratamento de forma automática.
Mastatest ten dispoñible unha calculadora que permite avaliar o aforro en tempo e diñeiro para as granxas que usan esta ferramenta.