A farmacéutica de sanidade animal Vetoquinol lanzou os cartuchos Mastatest UP8 cunha nova configuración de antibióticos en liña coas pautas terapéuticas empregadas actualmente en España e Portugal. Sen necesidade de que o usuario de Mastatest realice ningunha acción, o Lapbox xa recoñece directamente a utilización deste novo modelo.
O deseño deste novo produto busca facilitar o traballo diario do persoal veterinario e mellorar o apoio na prescrición baseada en evidencias. A metodoloxía para a súa obtención, segundo un comunicado da empresa, baséase na incorporación de moléculas cunha maior relevancia para as pautas terapéuticas empregadas no panorama actual dentro da Península Ibérica. Isto permitiría, segundo as súas investigacións, a obtención duns resultados máis prácticos e directamente aplicables no momento da toma de decisións terapéuticas.
Máis valor clínico no diagnóstico rápido de mamite
Os novos antibióticos incluídos nos cartuchos son a bencilpenicilina, a cloxacilina, a tilosina, a amoxicilina con ácido clavulánico, a cefalexina, a lincomicina e a neomicina. Entre os beneficios que esta modificación de Mastatest UP8 achega á actuación veterinaria atópanse tamén o aumento do valor clínico no diagnóstico rápido de mamite ou a independencia de intervencións técnicas.