Vetia reforza o seu porfolio coa adquisición por parte de Zendal de Grupo Maymó

Vetia reforza o seu porfolio coa adquisición por parte de Zendal de Grupo Maymó

Vetia Animal Health, filial do grupo Zendal, reforzou o seu portfolio de produtos farmacolóxicos para sanidade animal tras a adquisición, por parte do Grupo Zendal, da compañía farmacéutica Laboratorios Maymó e Laboratorios e Industrias Iven.

Esta operación, que permitirá a Vetia Animal Health duplicar a súa facturación, chega tras a compra en 2021, por parte de Grupo Zendal, dos farmacéutica Laboratorios Ovejero, cuxos produtos comercializa Vetia desde entón.

Ademais, a liña de suplementos naturais a base de plantas producidos pola empresa india Natural Remedies, que Maymó viña distribuíndo, dá entrada a Vetia Animal Health a un novo segmento de mercado.

A incorporación de Maymó e Iven suporá, así mesmo, completar o porfolio de Vetia con produtos hormonais, destinados sobre todo a especie a bovina. Tamén permitirá á compañía penetrar no mercado portugués, no que até o momento non tiña presenza.