A veterinaria Esperanza Rodríguez recibe o terceiro premio do CalfXpert Optimax Award de Boehringer Ingelheim

A veterinaria Esperanza Rodríguez recibe o terceiro premio do CalfXpert Optimax Award de Boehringer Ingelheim

Rebecca Price, Martha Twist e Esperanza Rodríguez foron as gañadoras do CalfXpert Optimax Award, un premio que conecta a veterinarios e gandeiros para promover unha maior conciencia sobre a primeira etapa da vida dos animais.

Os casos que presentaron as premiadas mostraron solucións para os desafíos nos primeiros días de vida das terneiras, que abordaron grazas á colaboración cos responsables das granxas para mellorar a saúde e o benestar da recría.

A veterinaria galega Esperanza Rodríguez, da Granja Ecolóxica Casa Grande de Xanceda, logrou o terceiro galardón desta iniciativa, que puxo en marcha Boehringer Ingelheim.