A cooperativa agropecuaria Valle de Odieta, propietaria da macrogranxa de Caparroso, incorporou un aditivo alimentario para contribuír á redución de emisións de metano na súa cabana de bovinos de leite. Ese aditivo, desenvolvido pola compañía suíza Agolín, forma parte da súa estratexia ambiental e busca mellorar a eficiencia alimentaria dos animais.
Segundo explican desde a cooperativa, Agolín é o primeiro aditivo en conseguir a certificación e Carbon Trust como produto que reduce a produción entérica de metano (-10 %). En Valle de Odieta empezárono a incorporar nas dietas de vaca de leite e a súa recría. "Desta forma, a biogranxa convértese nunha explotación pioneira, comprometida coa contorna e a loita pola redución do quecemento global. Consideramos imprescindible pór en marcha todas as iniciativas que, cientificamente probadas, poidan mellorar a calidade ambiental do sector gandeiro intensivo", remarcan.