A Universidade de Córdoba promove a Cátedra Yara de agricultura rexenerativa

A Universidade de Córdoba (UCO) e Yara Iberian asinron un acordo para impulsar unha nova Cátedra universidade-empresa, a Cátedra Yara de agricultura rexenerativa. O pacto foi rubricado polo reitor da UCO, Manuel Torralbo, e pola directora xeral de Yara Iberian en España, Portugal e Magreb, Boucha Nakara.

Emilio Jesús González, profesor de Enxeñaría Agroforestal da UCO, dirixirá este estudo, ao que a empresa achegará un total de 80.000 € ao longo das próximas catro anualidades.

Esta nova estrutura terá como obxectivo realizar actividades nos campos de formación, investigación, desenvolvemento e difusión do coñecemento nas materias de nutrición de cultivos e prácticas agrarias sostibles.

Nesta mesma campaña poñeranse en marcha diversos ensaios agronómicos en cultivos estratéxicos como o oliveiral. O propósito é mellorar a rendibilidade e a competitividade do sector agrícola andaluz, a través dos principios da agricultura rexenerativa, que busca optimizar o uso de recursos como a auga e o solo.