A xestión reprodutiva das ganderías é unha das áreas máis importantes no día a día das granxas de vacún leiteiro e a recompilación de datos e a súa análise diaria fanse cada vez máis imprescindibles se o que se quere é mellorar os resultados. Na SAT Esparza Hermanos, de Rada (Navarra), traballan con UNIFORM-Repro e viaxamos ata as súas instalacións para falar da súa experiencia co programa cun dos seus propietarios, Eduardo Esparza, e o seu veterinario, Juanma Loste.