UNIFORM-Agri organiza as reunións anuais para usuarios

Desde mediados de febreiro o equipo de UNIFORM-Agri España organizou reunións para os seus usuarios en distintas localizacións do país. Xa tiveron lugar as xornadas en Navarra, País Vasco, Cataluña, Asturias e Galicia. Ao longo do mes de marzo realizaranse as da zona centro e Andalucía.

O obxectivo destas xornadas é presentar novidades do programa, profundar nas ferramentas de análises e de manexo de datos para promover un uso total do programa e o intercambio de experiencias entre os propios usuarios.

A sesión de Galicia foi organizada xunto con FRIOR S.L., distribuidor de HerdMetrix (BouMatic) no noroeste de España.

As reunións anuais é un dos servizos que UNIFORM ofrece aos seus usuarios, non só en España, tamén en Holanda, Alemaña e Reino Unido.

O resultado está a ser moi positivo e o equipo de UNIFORM-Agri España aproveita esta nota para agradecer aos asistentes a súa implicación e colaboración.