Uniform-Agri lanza un proxecto internacional para comparar granxas de cinco países

Uniform-Agri lanza un proxecto internacional para comparar granxas de cinco países

Uniform-Agri lanzou un proxecto innovador a nivel internacional, que ten como obxectivo axudar aos gandeiros a valorar o progreso e a eficiencia produtiva do seu rabaño, comparando explotacións  en cinco países de todo o mundo: Alemaña, Francia, España, Estados Unidos e Canadá.

O proxecto está limitado a unha serie de granxas de cada país que se beneficiarán do financiamento da empresa ao adquirir o programa. A cambio, os participantes proporcionarán anónimamente datos sobre a produción de leite, fertilidade e saúde do seu rabaño. O equipo UNIFORM-Agri será o responsable de adestrar e asesorar aos participantes en todo momento. Os datos serán analizados en colaboración cunha universidade holandesa especializada no sector leiteiro e os resultados da comparación serán presentados periódicamente para informar aos participantes da súa posición.

Este proxecto terá unha duración mínima de dous anos, durante a que se impartirán premios aos creadores que teñan as mellores marcas no ranking internacional e tamén aos que aumenten a calidade da súa eficiencia produtiva.

Para máis información, pode contactar co equipo facendo clic aquí.