A cetose continúa a ser un problema nas ganderías de leite, con consecuencias significativas tanto para os animais como para o rendemento económico da explotación. Por este motivo, e dado que a prevención é clave para unha lactación sa, Uniform-Agri impulsou en colaboración con Elanco un informe de alerta de risco de cetose, incluído dentro do programa de xestión do rabaño Uniform. A listaxe ofrece un sistema de alerta para identificar ás vacas en risco antes do parto, o que permite intervir a tempo.
A alerta de risco de cetose é unha lista intelixente e sinxela de usar que identifica varios factores de risco. As vacas máis maiores, os animais cun período seco prolongado, cun intervalo entre partos elevado ou cunha produción alta corren un maior risco na seguinte lactación e aparecen automaticamente na lista. Tamén se identifican as vacas que xa tiveron problemas despois do parto na súa lactación. Isto ofrece ao gandeiro a oportunidade de intervir a tempo e de forma preventiva para minimizar o impacto da cetose.