Uniform-Agri adquire DairyLive, un provedor de software con sede nos Estados Unidos. A adquisición deste programa de xestión de rabaños ofrece estabilidade a longo prazo aos seus usuarios e acelera o obxectivo de Uniform-Agri para intensificar a súa presenza no hemisferio occidental.
A firma comprométese a manter os mesmos niveis de calidade de produto e o compromiso cos usuarios de DairyLive. Ademais, confía en que esta adquisición ofreza numerosas vantaxes para estes clientes e que poidan seguir utilizando o programa ou facer unha fácil transición a Uniform mediante a migración dos datos coa máxima atención no proceso e coa colaboración de Dan Sanderson, encargado do desenvolvemento deste sistema. Os usuarios poderán acceder a funcións avanzadas, informes e integracións con sistemas de muxido, actividade e alimentación.