Hai uns catro meses que a gandería coruñesa Couquiño SC comezou a traballar cunha sala P500 de DeLaval de 30 puntos. Os tempos de muxido eran moi longos e, pensando en mellorar as súas condicións de traballo, apostaron por esta máquina. Xunto con ela, comezaron a usar as unidades de muxido DeLaval Evanza, o colocador OptiDuo e a app DelPro. Sobre todos estes cambios falamos co seu propietario, Iván Arcos, nunha reportaxe publicada en Vaca Pinta 28.