Unha nova app de Fertiberia para axudar aos agricultores a nutrir de forma correcta os seus cultivos

Fertiberia lanza a aplicación para móbil Fertiberia Tech, que inclúe información detallada sobre fertilización e solucións da empresa co obxectivo de axudar a agricultores, técnicos e distribuidores.

Nesta aplicación aparece representada a gama de produtos por modo de aplicación, coa súa descrición e posible uso en cada cultivo, achegando recomendacións para a nutrición vexetal, nutrientes máis importantes e deficiencias e toxicidades, segundo a localidade onde se atope o agricultor.

Ademais, permite crear un perfil persoal, no que o usuario, ao seleccionar un cultivo e produto favorito, recibe notificacións segmentadas e personalizadas segundo as súas preferencias. É moi interactiva, proporciona unha mellor comunicación co usuario e ten un deseño novo e optimizado. Posibilita interactuar co equipo técnico e comercial de forma rápida, mediante o envío de mensaxes con fotos e vídeos dos seus cultivos, e identificar as necesidades destes a través dun menú de identificación con imaxes.

A aplicación está dispoñible para Android e IOS e a descarga é gratuíta. Aínda que está destinada principalmente a agricultores ou técnicos, a aplicación pode ser descargada por calquera persoa con interese na zona e poderá acceder a todas as vantaxes.