Unha xovenca da gandería Can Gel e filla de Newstar, número 1 de tipo (IGT) en ICO

Tras a última actualización de probas xenómicas de femias de Conafe (xullo 2020), a xovenca GEL 120 NEWSTAR SARAJ alcanzou o número 1 no ranking de IGT (tipo) con 3,13 puntos. Ademais, con 1.104 kg de leite (+0,19 % en graxa e +0,13 % en proteína) e 4.564 de ICO, sitúase dentro das 200 mellores, pois, á parte do seu perfil extremo en tipo, achega características produtivas e de lonxevidade (130) excepcionais.

A explotación Can Gel SCP obtén este éxito froito do seu traballo continuo por manter e contribuír ao progreso xenético da raza Holstein no noso país.

En canto ao pai da xovenca, NEWSTAR (representado en España a través de Evolution Iberica XY), é un touro pertencente ao grupo Evolution obtido do Programa de Selección Xenética XY CREATION e caracterízase por manter excelentes índices IGT de 2,78, ICU de 2,45 e ICAP de 1,71, ademais de achegar 1.106 kg de leite e 4.490 de ICO.

Este touro tan completo é froito do principio de diversidade, que, xunto cos de excelencia e fiabilidade, son as máximas do grupo para poder axustarse aos obxectivos particulares de cada gandería. Así, este programa oferta unha selección de touros que permite no mercado español achegar índices por enriba do valor percentil 99 tanto de vacas como de xovencas para caracteres de produción, funcionais e morfolóxicos, como é o caso de NEWSTAR.  

Se queres coñecer a selección de touros que Evolution Iberica XY oferta por enriba do valor percentil 99 da actual base poboacional de Conafe, fai click aquí.

Para máis información:

Sebastián Martín (609 04 75 83; sebastian@evolutioniberica.es)