Unha década de experiencia na alimentación de vacas con muxido robotizado

A confianza no soporte técnico de Nanta, xunto coa ausencia de problemas coa alimentación en robot de ordeño nos anos que levan funcionando con este sistema, son dous dos factores que sinalan os propietarios de SAT Jogu como decisivos para levar máis dunha década apostando pola gama de produtos de alimentación de Nanta. Así o contan nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 36.

 
SAT JOGU

Ubicación: Castanedo (Ribamontán al Mar, Cantabria)

Propietario: José Antonio Gutiérrez

N.º de traballadores: 5

N.º total de animais: 600

Vacas en muxido: 270

Recría: 280

Media de produción: 39 litros/vaca/día

N.º de robots: 4 (Lely)

Media de muxidos: 3

Porcentaxe de grasa: 3,50 %

Porcentaxe de proteína: 3,50 %

Recuento celular: 260.000 cél./ml

O interese por chegar ao terceiro ordeño para aumentar a produción foi o motivo principal que levou a José Antonio Gutiérrez, propietario da gandaría cántabra SAT Jogu, a comezar a pensar na robotización. Na actualidade, dispoñen de catro unidades robotizadas coas que están ordeñando 270 cabezas. O tres primeiros robots puxéronos en 2013 e, o cuarto, un par de anos máis tarde.

"O robot é outro sistema de traballo; dáche máis liberdade porque non tes que ser tan estrito cos horarios", destaca Gutiérrez. "No que respecta ás vacas, ademais de aumentar a produción, vémolas máis tranquilas, así que, en termos de benestar animal, están moito mellor".

"O primeiro que debe ter en conta un gandeiro que pon un robot de ordeño é que se trata dunha ferramenta para axudar a xestionar mellor a explotación", apunta José María Álvarez, técnico comercial de Nanta. "Ademais, dentro do que engloba o ordeño robotizado, temos que pensar que a alimentación cambia totalmente: imos ter unha ración parcialmente mesturada, co cal deberemos compasar perfectamente a ración do pesebre co penso do robot para que as vacas dean suficiente produción e entren ao robot", destaca.



A ALIMENTACIÓN, CON NANTA

Conta Gutiérrez que o nutrólogo da explotación, Ismael Villar, estivo, xunto cos técnicos de Nanta, á fronte do proceso de adaptación da ración, que pasou de ser ración única no pesebre a combinarse co penso de robot.

"Somos un gran equipo, traballamos de xeito conxunto co gandeiro para conseguir os mellores resultados en cada granxa. Aquí, en concreto, tamén estamos moi en coordinación con Ismael, o veterinario da explotación; reunímonos periodicamente, vemos os puntos que habería que mellorar e deseñamos a mellor ración, e co mellor penso, para SAT Jogu", engade Álvarez.

Hai unha década que Nanta está a cargo da alimentación en Jogu, onde valoran a capacidade de Nanta para presentar un produto moi palatable e coa dureza adecuada para que non rompa. "A palatabilidade do penso é boa, ten unha granulación correcta e a vaca cómeo ben", enumera o dono.

Así mesmo, e aínda que remarca este gandeiro que nunca tiveron problemas coa alimentación dos seus animais, cre que a proximidade dos técnicos e a rápida solución de problemas é moi importante: "Saber que ante calquera imprevisto hai unha boa comunicación entre o noso equipo e os técnicos de Nanta é esencial, así como tamén o é que nos garantan unha boa entrega de pensos", resalta.

"Nanta tamén ofrece a posibilidade de facer produtos personalizados para axudalos a conseguir o máximo potencial xenético dos seus animais" apunta Álvarez. "A través de Nanta Dairy Robot deseñamos produtos que se adaptan ás vaquerías, que conteñen os nutrientes necesarios, os oligoelementos e minerais que necesitan as vacas para maximizar a súa produción e, así, mellorar o rendemento das gandarías".

OS DATOS FUNDAMENTAIS NO ROBOT

"En Nanta levamos moitos anos traballando con robots de ordeño", sinalan. "O que fixemos agora, co lanzamento de Nanta Dairy Robot, é crear un programa de consultoría que abarca todo aquilo que é importante para que unha gandaría con robots sexa máis eficiente". Neste sentido, xunto co asesoramento e a alimentación personalizada, a análise dos datos do robot é un punto esencial. Os técnicos de Nanta estudan diversos parámetros, tales como a produción, a graxa, a proteína e as entradas na máquina, para poder ditaminar en que aspectos é posible potenciar. "O noso obxectivo co Dairy Robot é mellorar a rendibilidade das granxas, que os clientes estean contentos cos nosos pensos, co noso asesoramento e co soporte que lles brinda todo o noso equipo", conclúe o técnico.



NANTA, UN APOIO CONSTANTE PARA OS GANDEIROS

"Nanta leva traballando na alimentación en robot de ordeño desde inicios dos 2000, cando empezou a instalarse este sistema no noso país. Co obxectivo de darlle un enfoque máis global a todos os servizos que se prestan baixo este paraugas, agora presentamos a solución integral de alimentación en robots Nanta Dairy Robot", conta o técnico de Nanta Emilio López.

O interese da empresa por esta liña de negocio comezou ao ver que os gandeiros tiñan cada vez máis problemas para atopar man de obra adecuada para os seus negocios, á vez que buscaban mellorar a súa calidade de vida. "En Nanta sabemos que pasar do ordeño convencional ao robotizado é unha decisión importante e queremos estar aí, acompañalos, asesoralos para que poidan optimizar ao máximo o investimento e amortizala canto antes".

A través deste sistema, do que se trata é de configurar o robot de maneira que o gandeiro obteña os mellores datos posibles e que estes se traduzan nuns resultados financeiros óptimos. "Traballamos cun equipo cunha ampla experiencia no manexo de robots de ordeño e preocupámonos, así mesmo, por desenvolver unha alimentación personalizada para cada granxa e por levar a cabo unha análise continua dos parámetros que nos proporcionan os robots para detectar as liñas de mellora e os signos de alarma que é necesario solucionar", indica o técnico de Nanta.

 OS TRES PILARES DO NANTA DAIRY ROBOT
  • Asesoramiento técnico de primeiro nivel

  • Alimentación personalizada e adaptada á  situación de cada gandería

  • Análises pormenorizadas dos datos do robot