Pedro Martins é o propietario da gandería portuguesa Corujeira, traballo que compaxina con outras ocupacións, entre as que destaca unha granxa avícola, Aviários da Corujeira. Para poder atender ambos os oficios, automatizou boa parte das tarefas, entre elas, o muxido.
Co paso á robotización, non só contribuíu a aumentar o benestar animal e mellorou as súas condicións laborais, senón que tamén conseguiu un forte aumento na produción: fronte aos 22 litros por vaca e día que estaba a obter con muxido convencional, agora está nos 37 litros diarios por animal. Para acadar estas cifras de produción, foi clave realizar unha correcta adaptación da alimentación, tarefa que correu a cargo dos técnicos de Nanta. Sobre iso nos fala na reportaxe publicada en Vaca Pinta 33.