Unha alimentación de campionato para unhas vacas de concurso

Visitamos a gandería cántabra SAT Ceceño, propiedade de Agapito Fernández e Rosana Jiménez, para coñecer a súa experiencia cos produtos e servizos de Nanta. Esta granxa é o fogar da vixente vaca gran campiona nacional e, entre os requisitos no que á alimentación dos seus animais se refire, os donos destacan a importancia de traballar con un penso que chegue coa granulación correcta ao robot. 

SAT Ceceña fundouse como tal en 2004, ano no que a muller de Agapito, Rosana, incorporouse e creouse a sociedade. Eles son a terceira xeración de gandeiros nesta familia. Antes, estiveron ao frente do negocio dos pais de Agapito e, previamente, tamén as tías de seu pai tiveran unha gandería de vacún. "Cando se xubilaron as tías de meu pai, el quedouse coas súas vacas, que foron, digamos, a orixe desta granxa", recorda.

Na actualidade, en Ceceño rondan as 170 cabezas e teñen unhas 85 vacas en produción, as cales se muxen en dous robots e están producindo arredor de 36 litros/vaca/día, cunhas calidades do 3,80 % de graxa e do 3,40 % de proteína.