Un novo soporte ao labor do veterinario da man de Solomamitis

Un novo soporte ao labor do veterinario da man de Solomamitis

Solomamitis é un servizo de consultoría e asesoría en saúde de ubre que pretende axudar ao veterinario á hora de tomar decisións mediante unha serie de indicadores e gráficas de fácil comprensión e visualización.

A través dos datos que se lle facilita ao sistema, o seu departamento de Calidade de Leite xera un informe sobre cada explotación no que se indican factores como o estado sanitario, as vacas que achegan máis RCS ao tanque ou os grupos de riscos da granxa.

Para poder acceder a esta prestación ofrecida pola compañía Boehringer Ingelheim, os profesionais interesados deben enviar un correo electrónico a solomamitisbi@gmail.com e o persoal encargado de Solomamitis porase en contacto para facilitarlles aos clientes un nome de usuario e un contrasinal.