Un estudio publicado en Animals demostra a resposta inmunitaria máis completa de Bovilis® Rotavec® Corona de MSD Animal Health

O artigo publicado na revista científica internacional Animals, titulado "The specific immune response after vaccination against neonatal calf diarrhoea differs between apparent similar vaccines in a case study" e de acceso público, compara os resultados de Bovilis® Rotavec® Corona, de MSD Animal Health, con outra vacina comercial, ambas as dúas con dose única en primovacunación nunha granxa de vacún leiteiro de Galicia.

Entre as principais causas infecciosas de diarrea neonatal atopamos frecuentemente Escherichia coli, coronavirus ou rotavirus en infección pura ou mixta, e existen diferentes vacinas comerciais dispoñibles para a súa prevención.

Os resultados do estudo poñen de manifesto como a vacinación das nais no último terzo de xestación é unha ferramenta excelente para incrementar a inmunidade específica fronte a estes axentes e a súa transferencia de forma pasiva aos xatos a través do calostro. Ademais, evidencia como a resposta obtida varía en gran medida entre vacinas. Bovilis® Rotavec® Corona (MSD Animal Health) incrementou a resposta inmune de forma significativamente superior fronte a coronavirus e E. coli, en comparación á outra vacina do estudo, tanto no calostro e leite de transición, como no soro dos xatos encalostrados. Como conclusión, o estudo demostra que Bovilis® Rotavec® Corona (MSD Animal Health) induce unha resposta inmune máis robusta e equilibrada fronte aos tres axentes (rotavirus, coronavirus e E. coli), resultando de gran interese de cara á protección dos xatos, sobre todo tendo en conta a gran frecuencia de infeccións mixtas nos casos de diarrea neonatal en granxa.

Este estudo foi realizado por Román González (Veterinario de SAT Prolesa), Laura Elvira e Carlos Carbonell (Equipo Técnico de Ruminantes de MSD Animal Health), Geert Vertenten (MSD Animal Health) e Lorenzo Frade (Departamento de Produción Animal, Universidade de Lleida).