Un estudo avala a seguridade de Bovela® e demostra un aumento na produción de leite

Boehringer Ingelheim anunciou os resultados do novo estudo ADVANCE, publicados na revista científica PLOS One. O ensaio conclúe que as vacas vacinadas con Bovela® producen máis leite que as non vacinadas e confirma que os veterinarios e gandeiros de vacún de leite poden utilizar con seguridade Bovela® para controlar a BVD.

ADVANCE é o ensaio sobre BVD en gando vacún máis amplo realizado en Europa e revisado por expertos. Desenvolvido en Francia, Italia e Reino Unido, está baseado no estudo de 1.197 animais (que representan 1.559 lactacións).

Entre os principais resultados extraídos destaca que a BVD non só causa unha baixa fertilidade no gando bovino, senón tamén unha perda significativa na produción de leite, mesmo en explotacións con certo grao de protección, debido a unha exposición previa á enfermidade.

Máis aló desta primeira conclusión, o ensaio demostra que as vacas vacinadas con Bovela® producen máis leite que as non vacinadas, incluso en rabaños con BVD endémica. Ademais, conclúe que a vacinación con Bovela® pode chegar a representar un beneficio económico sobre a produción de leite de ata 63 € por vaca e lactación.

Para máis información sobre Bovela: https://cimavet.aemps.es
Información complementaria na nota de prensa difundida pola compañía propietaria da vacina