O pasado 17 de maio, o hotel Tryp Atocha foi o lugar elixido por Trouw Nutrition para celebrar a Xornada Internacional NIR á que asistiron preto de 100 profesionais do sector.
O acto deu comezo coa intervención de Remco van Reeen, director xeral de Trouw Nutrition España que fixo fincapé na aposta firme da multinacional holandesa en I+D.
A continuación, Javier Lallana, responsable do laboratorio de Bioquímica de Masterlab España, fixo un percorrido polos novos desenvolvementos en Masterlab como o NIR portátil, unha nova ecuación para as landras, a calibración para determinar a dixestibilidade da FND en forraxes. Tamén falou dos desenvolvementos en NutriOpt, programa de nutrición animal de Trouw Nutrition, que combina análise NIR, modelo animal e modelo económica para ofrecer ao cliente a ración óptima.