Últimos días para participar nos premios BVDzero España 2023

A data límite para participar na cuarta edición dos premios BVDzero España achégase. Baixo o lema "Escoitamos a túa historia", a convocatoria destes galardóns, organizados por Boehringer Ingelheim Animal Health España, segue aberta até o 30 de setembro. A iniciativa ten como obxectivo promover o interese pola BVD (diarrea vírica bovina) en todos os seus aspectos e a súa investigación con ánimo divulgativo. A intención é ligarse ao día a día da profesión ao pór o foco nas situacións cotiás onde se manifesta a enfermidade.

Para quen estean interesados en presentar a súa candidatura, deben presentar un breve resumo do caso enviándoo por correo electrónico a cristina.conill@boehringer-ingelheim.com. Posteriormente, todos os participantes gravarán unha entrevista en formato podcast.

Entre os casos presentados, Boehringer Ingelheim Animal Health España outorgará seis premios valorados nun total de 8.000 €. O comité do premio revisará e seleccionará as candidaturas en base a criterios como a introdución, a descrición, as conclusións, unha pregunta libre e a capacidade e calidade comunicativa. A resolución farase pública o 1 de decembro de 2023.