Quedan poucos días para presentar candidaturas e participar na 36.ª edición do Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde, un dos máis antigos do xornalismo en medicina e un dos máis prestixiosos do sector sanitario en España. Como na anterior edición, a organización valorará positivamente os traballos que amosen unha perspectiva One Health, ao integrar a saúde humana, a animal e a medioambiental.
A inscrición de candidaturas realizarase a través desta página web e estará aberta ata o 15 de maio, é dicir, ata o próximo luns. Neste sentido, poderanse presentar os traballos publicados durante o período comprendido entre o 1 de xullo de 2022 ata a data de peche de convocatoria. O obxectivo deste premio é promover e recoñecer a labor de xornalistas e medios de comunicación na divulgación dos ámbitos da medicina e a saúde.
A dotación económica para os traballos elixidos é de 6.000 euros para cada categoría, que se entregará nunha cerimonia celebrada en Madrid o próximo mes de xullo. Así mesmo, a elección dos galardoados levarase a cabo a través dun xurado que revisará rigurosamente todos os traballos presentados en cada categoría e que estará constituído por un grupo de profesionais do ámbito xornalístico.