Iván Novo, director xeral da compañía, fala con orgullo do servizo que Ucoga lles ofrece aos gandeiros, que avanza de maneira paralela ao sector, e enumera algunhas das claves do seu éxito, como son o trato próximo, o profundo coñecemento deste ámbito e a experiencia que lles avalan máis de dez anos ao seu carón. O seu principal reto é continuar evolucionando con eles, de acordo coas súas necesidades, cada vez máis esixentes. Más en Vaca Pinta 54.
Aínda que están moito máis posicionados no noroeste, principalmente en Asturias e Galicia, onde contan con oficina propia nalgúns concellos como Santiago de Compostela, Chantada, Monforte de Lemos, Sarria, Santa Comba ou Vigo, hoxe en día están a desenvolver sistemas para chegar cada vez a máis clientes con equipo comercial propio ou con executivos comerciais especializados e mesmo a través de Internet, polo que hai xente que contacta con eles desde toda España. “De aí que Ucoga poida dicir que, sendo unha corretoría galega, ten unha visión totalmente estatal”, apunta Novo.
O SEU PRINCIPAL RETO: SABER CONTINUAR, XESTIONAR E ESTAR AO DÍA
A especialización no sector agrónomo é un dos seus sinais de identidade, pois achega moito valor en relación á competencia, pola súa experiencia, coñecemento e atención ao sector. O seu principal desafío é “continuar, saber xestionar e estar ao día do que vén, da robotización, da intelixencia artificial e de todo o que se está a implantar nestas áreas da vida en xeral, por suposto tamén no mundo gandeiro”. Ao ser unha empresa relativamente nova, a súa filosofía xa nace dixital e moderna, mais cun obxectivo moi claro: “Darlles un mellor servizo aos nosos clientes, pero sen deixar de lado o contacto humano”.
ASEGURAR O MÁIS IMPORTANTE: AS PERSOAS
Na primeira etapa de Ucoga o propósito era asegurar todo o relacionado cos animais e coa maquinaria, pero neste sentido Iván recoñece que “esquecían sempre a parte realmente importante: as persoas”, polo que decidiron lanzar unha liña especial de seguros persoais dirixida exclusivamente e a gandeiros galegos (seguro de saúde, seguro de accidentes, seguro de vida...), que contén grandes vantaxes, entre as que se enumera non ter ningún tipo de carencia, cubrir enfermidades xa preexistentes, ofrecer un prezo moi competitivo sen copagos e cun cadro médico moi amplo, adaptado, ademais, de maneira colectiva, cunha tarifa única e pechada. Mesmo proporcionan toda a xestión para que o cliente poida realizar a dedución fiscal permitida pola normativa vixente.
Os seguros de saúde de Ucoga están pensados para a situación real, xa que coñecen ben o territorio e o sector, e saben que a maioría son empresas formadas por estruturas familiares, polo que poden contratalos de maneira colectiva e aproveitar as vantaxes non só os gandeiros traballadores senón tamén os seus cónxuxes e fillos, coas correspondentes deducións fiscais.
Grazas á súa proxección comercial, dirixida con tanto esmero ao sector agrogandeiro, Ucoga está a ver aumentar exponencialmente a demanda de contratos de seguro de saúde entre estes profesionais: “Podemos dicir que hoxe temos milleiros de gandeiros cun seguro de saúde contratado”.
Queres saber máis?
Se es gandeiro ou gandeira e desexas coñecer máis sobre este seguro exclusivo, convidámoste a visitar a nosa web www.ucoga.es, escribirnos a comercial@ucoga.es ou chamarnos ao 881 155 155.