O pasado xoves 19 de outubro celebrouse en Madrid a 13.ª edición da gala de Premios de Marketing e Comunicación no Sector Asegurador (MCSA), organizados por Inese e MKsite. A correduría de seguros galega Ucoga fíxose co premio á "Mellor campaña dirixida ao cliente", categoría na que os outros dous finalistas foron Zurich e Preventiva.
Estes galardóns buscan o recoñecemento ás campañas máis destacadas do último ano no sector seguros. Nesta ocasión, presentáronse un total de 46 campañas de 33 compañías diferentes. A maior parte da participación vén da man das grandes compañías aseguradoras.
Para Ucoga, este premio adquire gran relevancia e recollérono con moita ilusión: "Ver a Ucoga compartir podio con compañías de tan alto nivel énchenos de orgullo e indícanos que imos polo bo camiño" declara Iván Novo, director xeral da entidade.