Un seguro de saúde de Ucoga pensado para os gandeiros e as súas familias

Un seguro de saúde de Ucoga pensado para os gandeiros e as súas familias
No campo non existen horarios nin pausas, pero a saúde do gandeiro e a súa familia non pode agardar. Consciente desta necesidade, Ucoga, xunto con Sanitas, desenvolveu un seguro de saúde exclusivo para gandeiros, con condicións únicas: sen franquías, sen carencias e coas coberturas máis completas do mercado, a un prezo inigualable. Máis en Vaca Pinta 56.

As coberturas máis completas, desde o primeiro día

Este seguro ofrece o que outros non poden:

- Sen franquías nin copagos: o gandeiro sabe de antemán o que paga.

- Sen carencias: cobertura inmediata, sen esperas.

- Asistencia sanitaria completa, con acceso ao cadro médico máis amplo do país.

- Cobertura dental incluída.

- Urxencias no estranxeiro para quen viaxan fóra de España.

- Gastos de farmacia cubertos.

- Vantaxes fiscais, que o converten ademais nunha decisión intelixente desde o punto de vista económico.

E o máis importante: pódense incluír os familiares, porque coidar dos teus é tamén coidar da explotación.

Un produto único para un sector único

O traballo no campo é esixente e, moitas veces, descoidamos o máis importante: a saúde. Os profesionais do vacún de leite e outros sectores agropecuarios saben que unha doenza ou unha demora na atención médica non só afecta á persoa, senón tamén á explotación que depende dela.

Por iso, Ucoga creou, en colaboración con Sanitas, a compañía líder en saúde en España, un seguro deseñado exclusivamente para gandeiros e as súas familias.

Non se trata dun produto estándar adaptado, senón dunha solución específica para o sector.


Un seguro de saúde exclusivo, feito á medida do gandeiro

Ucoga: confianza e proximidade no sector agropecuario

Ucoga distínguese por estar preto do profesional do campo e ofrecerlle solucións adaptadas ás súas necesidades.

Con este seguro de saúde, reafirma o seu compromiso de coidar dos que coidan de todo.

A corretoría achega a súa experiencia no sector e o apoio de Sanitas, garantindo transparencia, confianza e unha xestión áxil en todo momento.


Con Sanitas terás acceso aos mellores especialistas e hospitais do país

UCOGA COIDA DE TI PARA QUE TI SIGAS COIDANDO DA TÚA EXPLOTACIÓN

Infórmate e comeza a coidarte hoxe mesmo

Este seguro xa está dispoñible para todos os profesionais gandeiros que desexen mellorar a súa tranquilidade e a das súas familias. Ponte en contacto con nós no teléfono 881 155 155, visita a nosa web www.ucoga.es ou escríbenos ao correo comercial@ucoga.es..