Protección para o millo forraxeiro con Ucoga: seguridade e tranquilidade nas ganderías

Protección para o millo forraxeiro con Ucoga: seguridade e tranquilidade nas ganderías

Ucoga, corretoría de seguros agrarios en Galicia, ofrece diversas opcións de protección para o millo forraxeiro, con coberturas adaptadas, custos competitivos e prazos flexibles. Máis en Vaca Pinta 51.

O millo forraxeiro é un piar fundamental na alimentación do gando, especialmente nas explotacións leiteiras de Galicia. Porén, a súa produción enfróntase a desafíos climáticos e biolóxicos que poden comprometer a rendibilidade das granxas. Para mitigar estes riscos, Ucoga ofrece solucións efectivas mediante a contratación dun seguro específico para este cultivo.

Aínda que Galicia conta con condicións climáticas favorables para o millo, algunhas zonas coma o sur de Lugo ou a comarca do Deza poden sufrir veráns secos, o que impacta no desenvolvemento do cultivo. Noutras áreas de influencia atlántica, as chuvias torrenciais, as inundacións e os fortes ventos representan ameazas constantes, como se observou na campaña pasada.

A estes factores súmanse pragas e enfermidades que poden afectar os cultivos. Ademais, a fauna silvestre, en especial o xabaril, é responsable de danos recorrentes en numerosas comarcas gandeiras da rexión.

Dado este panorama, dispoñer dun seguro adecuado é clave para garantir a estabilidade económica dos produtores.

COBERTURAS E CONDICIÓNS DA PÓLIZA

O prazo límite para subscribirse á campaña de contratación do seguro de millo forraxeiro remata o 30 de abril de 2025. Dentro desta modalidade, tamén se poden incluír outros cultivos como a alfalfa, a veza e diversas especies forraxeiras destinadas a herba seca. Así mesmo, protéxese a produción de sementes forraxeiras e a palla dos cereais de inverno.

A contratación desta póliza supón un prezo estimado de entre 14 e 18 euros por hectárea asegurada. A cobertura comeza seis días despois da sementeira e mantense ata a colleita do cultivo.

O seguro para o millo forraxeiro ofrece distintas opcións de cobertura distribuídas en tres módulos. Estas modalidades están deseñadas para apoiar os agricultores fronte a fenómenos meteorolóxicos imprevisibles, que poden poñer en risco tanto a cantidade como a calidade da produción, con perdas significativas. Por iso, cada agricultor pode escoller a alternativa que mellor se adapte ás súas necesidades, consultando con Ucoga para recibir orientación individualizada.

Un beneficio adicional desta póliza é a axuda contra os danos causados pola fauna silvestre, con especial atención ao impacto dos xabarís nos cultivos. Outro aspecto destacable é a garantía por “non nacenza”, que protexe o produtor no caso de que as sementes non xerminen correctamente ou non logren desenvolverse en plantas produtivas. Nestes casos, o seguro proporciona unha compensación económica pola perda.

SUBVENCIÓNS E AXUDAS DISPOÑIBLES

Para facilitar o acceso a este seguro, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), ofrece subvencións dirixidas a agricultores mozos, profesionais do sector, explotacións prioritarias e membros de organizacións de produtores.

Ademais, poden existir axudas complementarias xestionadas polas comunidades autónomas. Para coñecer as subvencións específicas que aplican a cada caso, Ucoga Seguros brinda asesoramento personalizado.

Para máis información sobre coberturas, módulos e subvencións, visita a páxina oficial de Ucoga, onde tamén coñecerás máis detalles sobre a liña específica de seguros para cultivos forraxeiros: www.ucoga.es

Podes comunicarte con Ucoga chamando ao 881 155 155