Ucoga presenta a súa nova web corporativa

Ucoga presenta a súa nova web corporativa

A correduría de seguros galega Ucoga anuncia o lanzamento dunha nova web corporativa enfocada en mellorar a experiencia dos usuarios, facilitándolles a procura de información de interese mediante unha navegación máis intuitiva.

Cunha traxectoria de máis de 10 anos, a compañía aposta continuamente pola dixitalización e a innovación en todos os seus procesos. Por iso, a súa nova web presenta un deseño moderno e elegante, máis accesible e sinxelo para os usuarios. Así mesmo, melloráronse os procesos de carga e engadíronse novas funcionalidades.

Esta web contempla seccións de especial utilidade para os visitantes, como as noticias, para ver as últimas novidades e eventos que se realizan desde a correduría, ou a súa iniciativa benéfica: o Torneo de Pádel de Ucoga. Tamén se facilita aos clientes unha lista cos teléfonos de asistencia das compañías aseguradoras.