A correduría de seguros Ucoga inaugurou un novo punto de atención ao cliente en Vigo, situado na Rúa Aragón, unha zona de gran crecemento e actividade comercial na cidade. Con esta apertura, Ucoga busca aumentar a súa presenza e visibilidade na cidade, reforzando o seu compromiso coa atención física ao cliente.
Dirixida por Maika Conde e Ramiro Arrizado, a oficina conta con profesionais con ampla formación e experiencia no sector. A inauguración, celebrada o pasado 1 de febreiro, xerou gran interese entre os veciños da zona e consolidou a posición estratéxica de Ucoga para atender unha das áreas máis poboada e transitada de Vigo.