Ucoga fai entrega das súas cestas solidarias

Ucoga fai entrega das súas cestas solidarias

A correduría de seguros galega Ucoga doou ao Concello de Santa Comba 30 cestas de Nadal para achegar o seu gran de area e tentar que ninguén quede sen turrón este ano.

"A iniciativa das cestas solidarias ten un cariz especial para Ucoga xa que, a través dun pequeno xesto, podemos achegar o noso gran de area", explicou Iván Novo, director xeral de Ucoga. "Temos unha ampla presenza nesta zona, estamos moi comprometidos con Santa Comba e queremos ser partícipes do día a día dos nosos veciños", engadiu.