O VALOR REAL DE PROTEXER O RABAÑO
Cando unha vaca enferma gravemente, morre ou sofre un accidente, o impacto transcende o animal en si. No caso do vacún leiteiro, a perda non é só do valor do animal: tamén hai ingresos futuros (produción de leite), custos engadidos (reemprazo, inseminación, recría...), tempo investido e a afectación da eficiencia global da explotación.
Ademais, moitas doenzas ou incidencias non avisan: unha mamite grave, unha torsión de abomaso ou problemas reprodutivos poden desencadearse con rapidez. Contar cun seguro que cubra esas continxencias é unha forma de anticiparse, de mitigar o risco e de garantir que a explotación resista o golpe.
O QUE COBRE A LIÑA 401
O seguro de vacún de reprodución e produción (Liña 401) protexe as explotacións fronte aos riscos máis comúns e custosos. O seu deseño permite combinar garantías básicas —comúns para todas as explotacións— con garantías adicionais, que achegan unha protección máis ampla. No caso do vacún de leite, ademais, existen coberturas específicas que responden á realidade do sector.
• Garantías básicas
- Saneamento básico
- Febre aftosa
- Encefalopatía esponxiforme bovina (EEB)
- Riscos climáticos e outros riscos
- Ataque de animais
- Mortalidade masiva
- Perda de animais produtivos por mortalidade masiva
• Garantías adicionais (carne e leite)
- Accidentes individuais
- Parto e cirurxía
- Morte de crías
- Mamite
- Enfermidades
- Síndrome respiratoria bovina (SRB)
- Meteorismo
- Carbunco
- Morte súbita
- Diminución da prolificidade
- Mortalidade por diversas causas
- Saneamento extra
- Privación de acceso a pastos
- Retirada e destrucción
• Garantías adicionais (explotacións de leite)
- Perda de calidade do leite
- Brotes de mamite clínica
RISCOS FRECUENTES E CUSTOS REAIS
No vacún leiteiro, os incidentes que máis habitualmente golpean o produtor inclúen as mastites severas, que reducen a calidade do leite, problemas reprodutivos coma abortos ou complicacións no parto, mortes súbitas ou accidentes. O custo non se limita ao valor do animal: inclúe tratamentos veterinarios, diminución da produción, perda de xenética e o impacto económico no día a día. O seguro permite transformar estes imprevistos nunha compensación económica, o que evita que unha soa incidencia desestabilice toda a explotación.
A EXPERIENCIA DE UCOGA, APUNTALANDO CONFIANZA
Ucoga non é un intermediario calquera: con máis de 150.000 vacas aseguradas, construíu unha experiencia sólida no sector leiteiro. Grazas á súa proximidade co gandeiro, capacidade de resposta rápida fronte a incidencias e coñecemento técnico, é un aliado que vai máis alá dunha póliza: acompaña e apoia cada explotación.
UCOGA, O TEU COMPAÑEIRO NO CAMPO
Con Ucoga non só estás contratando un seguro: estás elixindo unha corretoría que entende o pulso do campo, que leva demostrado con feitos o seu compromiso coa gandería leiteira.
Queres máis detalles personalizados para a túa explotación?
Ponte en contacto con nós no teléfono 881 155 155, visita a nosa web www.ucoga.es ou escríbenos ao correo comercial@ucoga.es.