Ucoga e Delagro organizan unha ruta solidaria en Santiago de Compostela

As empresas Ucoga e Delagro convidan a todas as persoas que o desexen a participar o vindeiro día 8 de setembro nunha camiñada solidaria co obxectivo de recadar o maior número de comida posible para entregar no Banco de Alimentos. Pola súa parte, ambas as compañías doarán 10 l de leite por cada persoa participante. A ruta, aberta ao público en xeral, terá lugar en Santiago de Compostela e trátase dunha andaina circular que comeza en Sar e remata na praza do Obradoiro tras camiñar dez km. Cada participante terá que levar, ademais das súas zapatillas deportivas, unha bolsa con aqueles produtos que queira entregar.

Inscricións