Ucoga celebra a súa convención anual baixo o lema "Ritmo Ucoga"

O pasado día 26 de maio, en Cambados, Ucoga celebrou a súa X Convención Anual, nun evento ao que acudiron máis de 120 empregados, colaboradores, compañías e figuras copartícipes coa correduría. Para esta edición, o lema escollido foi "Ritmo Ucoga", co que "se quixo recoñecer o traballo das persoas que fan que o engrenaxe da compañía funcione á perfección, logrando destacar por contar cun compás que a diferencia do resto de corredurías", tal e como expresan desde a entidade.

Iván Novo, director xeral de Ucoga, foi o encargado de conducir a xornada. Despois de proxectar e valorar os principais indicadores acerca dos resultados alcanzados nos 10 anos de traxectoria da empresa, fixo unha chamada de reflexión sobre os piares sobre os que se sustenta a compañía. Un percorrido que levou á firma galega a superar os 16.500 clientes e a xestionar máis de 36.000 pólizas actualmente.

Durante o tempo de exposición, proxectouse un documental elaborado por Ucoga, do que moitos dos asistentes foron os protagonistas. Tamén se entregaron distincións de recoñecemento ás persoas que estiveron presentes desde os inicios da corporación. O peche do acto foi presidido por Jesús Bardelás, presidente de Ucoga, quen destacou a valía da labor que realizan dentro do sector cooperativo e agroalimentario e alabou as calidades do equipo de persoas que conforma a entidade. Tamén fixo entrega dun recoñecemento especial a Iván Novo, pola dedicación e esforzo coa que dirixe a compañía desde os seus inicios.