Trouw Nutrition, en colaboración coa empresa de Biocarburantes de Castela e León, Vertex Bioenergy, desenvolveu unha ecuación de predición baseada na tecnoloxía NIR, específica para o DDGS de millo e cebada. Desta forma, pódense analizar de maneira rápida e precisa distintos parámetros nutricionais que permiten caracterizar o alimento co obxectivo de optimizar o seu uso nas racións para animais.
O DDGS é un coproducto resultante da produción de bioetanol mediante a conversión a través da fermentación do amidón contido nos cereais. Utilízase na alimentación animal e é un produto alto en graxa e fósforo, pero sobre todo cunha fonte importante de proteína para o gando.
“En Trouw Nutrition traballamos día a día coa última tecnoloxía para achegar solucións nutricionais innovadoras e sustentables que contribúan ao mellor desenvolvemento das diferentes especies”, afirma Javier Lallana, NIR manager de Masterlab España.