Conscientes da importancia de determinar o contido de xantófilas no millo e do tempo que require realizalo por cromatografía (HPLC), o equipo de Masterlab de Trouw Nutrition España desenvolveu unha calibración NIR que permitirá realizar a determinación de forma rápida. Coñecer a pigmentación das distintas partidas de millo utilizadas, axudará a axustar o contido de pigmentación engadida ao penso, xa sexa de forma natural ou en base a pigmentación artificial, co fin de optimizar desta maneira o seu custo.
Desde Trouw Nutrition España, afirman que día a día poñen a innovación ao servizo do mercado e dos seus clientes, e así acercaron a tecnoloxía NIR á determinación deste parámetro con resultados moi chamativos. Considerando os niveis de concentración do parámetro, entre 10 e 30 mg/kg, e as características espectroscópicas dos pigmentos, para obter uns resultados satisfactorios débense moer as mostras e empregar equipos NIR con rango completo.
