A compañía Timac Agro conseguiu a verificación en benestar animal e mellores técnicas dispoñibles (MTDs) en Prosanex 360 para todas as especies. Unha vez avaladas as boas prácticas ao redor deste produto de bioseguridade para gando porcino e aves, Bureau Veritas estende esta verificación a vacún, ovino e caprino. Con este logro, a empresa demostra o seu compromiso co uso de solucións sustentables e aliñadas co benestar animal nas granxas.
Para a concesión desta certificación, tivéronse en conta diferentes parámetros, como a formación e capacitación do equipo técnico de Timac Agro, os controis de calidade, a loxística do proceso de comercialización ou a supervisión do uso do produto. Tamén se comprobaron as súas propiedades.
A entidade renova con esta certificación en todas as especies a súa aposta por mellorar a rendibilidade das explotacións ao ter en conta a trazabilidade do produto e o bo estado dos animais. "O compromiso agora é estender esta certificación a outros produtos cos que traballamos", conclúen desde a compañía.