A nova edición da Feira Internacional de Maquinaria Agrícola, FIMA, celebrarase en Zaragoza do 13 ao 17 de febreiro de 2024. A empresa de nutrición vexetal e animal Timac Agro estará presente no encontro, ao cal levan acudindo desde o ano 2018.
A compañía chegará a FIMA 2024 con importantes novidades ao redor dalgúns dos seus produtos máis destacados. Para iso, situaranse no pavillón 1, rúa B-C, stand 9-14; en Timac Agro afirman que este espazo moderno e vangardista é perfecto para amosar a súa estratexia innovadora e a tecnoloxía pioneira contida nos seus produtos. Ademais, contarán coa presenza dos seus técnicos de campo, dispoñibles para ofrecer asesoramento e información aos visitantes.
"Coa asistencia de máis de 1.250 firmas, este evento convértese nunha excelente oportunidade para visibilizar os nosos produtos, explorar novas relacións comerciais e contribuír, en definitiva, ao obxectivo común de lograr unha agricultura sustentable, rendible e de calidade", conclúen desde Timac Agro.