Farming Up! é o nome da nova aposta tecnolóxica de Timac Agro en intelixencia agrícola. Trátase dunha ferramenta para uso exclusivo dos técnicos da compañía que supón un salto cualitativo para a actual agricultura 4.0 e que se presenta como un sistema de axuda á toma de decisións para a xestión eficiente dos cultivos.
Permite, entre outras cousas, rexistrar información xeorreferenciada en tempo real, analizar e predicir parámetros agroclimáticos, comparar a evolución de cada plantación mediante índices radiométricos, elaborar plans de fertilización, calcular as necesidades hídricas e predicir enfermidades.
Ademais, os técnicos de Timac Agro teñen a posibilidade de compartir toda esa información xerada pola ferramenta cos agricultores a través de informes personalizados e, posto que está pensado como un sistema aberto, dá a opción de conectarse con outras plataformas agro dixitais e fontes de datos, sensores ou dispositivos de terceiros.