Faladoiro sobre diarreas neonatales en xatos organizada por Boehringer

Boehringer Ingelheim organiza un "Cara a cara fronte ás Diarreas Neonatales en xatos" que terá lugar na contorna dixital.

Programado para o xoves 18 de xuño ás 17:00 horas, durante o evento debaterase sobre as causas máis habituais deste proceso, os factores que os desencadean e os axentes etiolóxicos relacionados, así como os procedementos de manexo preventivo e de tratamento que, segundo a súa experiencia e a bibliografía consultada, poidan ser aplicados.

O faladoiro reunirá a Natividade Pérez Villalobos e a Ana Pico, que se verán as caras nunha cita moderada por Manuel Cerviño, do servizo técnico de ruminantes de Boehringer Ingelheim.

A inscrición para os profesionais interesados está dispoñible nesta ligazón