O 18 de febreiro finaliza o prazo de presentación de candidaturas á 28.ª edición do Premio Syva Internacional, que galardoa a mellor tese doutoral en sanidade animal.
A dotación económica ascende a 25.000 euros, repartidos nun primeiro premio de 18.000 euros e ata dous accésits de 3.500 euros. Está dirixido a doutores que defenderan a súa tese nos anos académicos 2023 ou 2024 en 65 países, incluíndo Europa, Asia e América Latina.
O galardón busca fomentar a investigación e o desenvolvemento de solucións para a prevención e tratamento de enfermidades animais. Valóranse investigacións en microbioloxía, inmunoloxía, enfermidades infecciosas e parasitarias.
O obxectivo do premio é apoiar a investigación científica en sanidade animal, incentivar a mozos investigadores e recoñecer o traballo de institucións académicas e centros de investigación.