Laboratorios Syva convídate a participar no programa de webseminars sobre clostridiose en gando vacún que ten organizado para esta semana.
Hoxe ás 16.30 horas dará comezo o primeiro deles. Nel falarase do diagnóstico de clostridiose en vacún mediante o estudo das lesións que se atopan na necropsia. Será impartido por Valentín Díaz, profesor do Departamento de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria de León
O mércores 16, tamén a partir das 16.30 horas, o director técnico do laboratorio Zootecnia, Víctor Fernández, enfrontará o diagnóstico clínico a nivel de campo co diagnóstico laboratorial para tentar aclarar as dúbidas e evitar os erros máis comúns e así poder chegar a un diagnóstico correcto.
Como apuntarse?
- Entra en ttps://syvawebseminar.com/clostridiosis-vacún.html
- Inscríbete cubrindo o formulario